Light jockey

MÓDULOS RELACIONADOS: Animación visual en vivo

Light jockey

Coñecer as características básicas do deseño de iluminación para espectáculos en vivo. Instalar, direccionar e controlar o equipamento técnico de iluminación dun espectáculo empregando hardware e software actuais.

O coñemento dos principios da iluminación espectacular ou de espectáculos inclúe contidos relacionados co deseño da iluminación, protocolos profesionais para o control de equipos de iluminación e as técnicas de instalación de luz en eventos en vivo.

Identificar o material preciso para unha instalación de iluminación en espectáculos en vivo, ademais de aprender a instalar e a controlar equipamento de luz, son as competencias adquiridas durante o desenvolvemento dos traballos prácticos.

No Ciclo contamos cunha estructura ou truss onde colocar distintas luminarias, así como o cableado, luminarias (led, par, strobo...), hardware de iluminación (interfaces, splitter...) e software de control de iluminación co que completar a aprendizaxe neste eido.