MONTAXE E INSTALACIÓNS AUDIOVISUAIS

A correcta montaxe e instalación de infraestructuras de son para calquera tipo de producións audiovisuais e de espectáculos, así como a comprobación do funcionamento e o mantemento dos equipos, son destrezas fundamentais para todo técnico do sector.

Ler máis

CAPTACIÓN E MESTURA DE SON

O coñecemento dos diferentes tipos de micrófonos, a súa colocación e os diferentes usos aos que se destinan (voz, instrumentos, amplificadores) é o primeiro paso para obter un son limpo e de calidade, algo imprescindible para traballar profesionalmente na mesa de mesturas ou nunha plataforma de edición de son.

Ler máis

FOTOGRAFÍA E DESEÑO DIXITAL

Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, o control da técnica fotográfica, así como das posibilidades de retoque e manipulación da imaxe dixital, xunto coa creación de gráficos e ilustracións, constitúen unha poderosa ferramenta de comunicación que o/a técnico/a en vídeo, disc jockey debe dominar.

Ler máis

POSPRODUCIÓN DE SON

Mesturar en directo non é todo en son: ás veces queremos que o produto final teña unha elaboración fina e coidada. Para iso, no mundo do audio contamos con plataformas de edición dixital (DAW) que nos permiten procesar o noso proxecto dun xeito detallado e medido a través de software informático.

Ler máis

CAPTACIÓN E EDICIÓN DE VÍDEO

Identificar as técnicas básicas da planificación, encadre, composición e captura de imaxes en movemento, recoñecer a arquitectura de códecs dos clips de vídeo e aplicar os principios da edición e montaxe de vídeo coas aplicacións informáticas actuais, permitirannos acadar un dominio das técnicas da linguaxe audiovisual.

Ler máis

DISC-JOCKEY | ANIMACIÓN MUSICAL EN VIVO

A música é a esencia do DJ. E para ser un profesional deste eido, hai que coñecer cada un dos estilos, a súa estrutura e os elementos que comparten. Só coñecendo a evolución musical avanzaremos nas mesturas que farán de nós recoñecidos disc-jockeys. Por suposto, esas mesturas faranse con ferramentas técnicas que facilitarán a nosa labor.

Ler máis

ILUMINACIÓN DE ESPECTÁCULOS EN VIVO

Coñecer as características básicas do deseño de iluminación para espectáculos en vivo. Instalar, direccionar e controlar o equipamento técnico de iluminación dun espectáculo empregando hardware e software actuais.

Ler máis

NOVAS

AUMENTA A DEMANDA

Tan só queda unha vacante para o próximo curso académico 2019-2020

Ler máis

"A CLASE DOS PUPITRES DE MESTURAS"

En Noia está o único instituto de toda a comarca no que se imparte unha titulación que combina a aprendizaxe audiovisual con nocións de iluminación e música en vivo | Nova de La Voz de Galicia | 20/02/2017

Ler máis

ASÍ É O CICLO DE VÍDEO,DJ E SON EN NOIA

Galería de fotos realizadas por La Voz de Galicia | 20/02/2017

Ler máis

PROXECTO FIN DE CICLO 2017

Proxecto final de alumnos de 2º do Ciclo Medio de Vídeo, DJ e son do IES Virxe do Mar de Noia

Ler máis