DISC-JOCKEY

MÓDULOS RELACIONADOS: ANIMACIÓN MUSICAL EN VIVO

DISC JOCKEY

A música é a esencia do DJ. E para ser un profesional deste eido, hai que coñecer cada un dos estilos, a súa estrutura e os elementos que comparten. Só coñecendo a evolución musical avanzaremos nas mesturas que farán de nós recoñecidos disc-jockeys. Por suposto, esas mesturas faranse con ferramentas técnicas que facilitarán a noso labor.

Creación de sesións, modos de conexión dos aparellos e montaxes de sets de DJ son os principais contidos que se abordan neste ámbito. Nesta tarefa estaremos apoiados por multitude de elementos para pinchar música en directo: dende as contornas máis tradicionais, con pratos xiradiscos, ata o software TRAKTOR, pasando polos equipos profesionais de Pioneer.